Premios do festival Carballo Interplay 2024

30 Nov 2023

O festival Carballo Interplay que terá lugar en Carballo do 4 ao 7 de abril de 2024 convoca os seguintes premios:

Premio “Mellor contido dixital en galego”, que ten por obxectivo poñer en valor e visibilizar o traballo dos creadores e creadoras que difunden contidos en lingua galega na internet.

A inscrición é gratuíta e a data límite para a inscrición é o 22 de febreiro de 2024.

- Os proxectos deben de ser de creación propia e estar en lingua galega.
- As canles de difusión serán Youtube, TikTok ou Instagram.
- Poderán inscribirse tanto creadores e creadoras como proxectos de contido específicos dentro dunha canle ou canles completas.
- Non hai ningún tipo de restrición de formato, temática, xénero, estilo, nin persoas destinatarias, sempre que non conteñan ningún tipo de contido ofensivo contra ninguén.
- Os proxectos deben ter un historial comprobable de publicacións e intención de continuidade. O comité de selección poderá solicitar a información necesaria para verificar dito historial.
- A inscrición farase cubrindo debidamente este formulario que tamén se pode atopar na web do festival.
- O comité de selección do festival seleccionará os finalistas que terán a oportunidade de falar dos seus proxectos dentro da programación do festival.

Premios:
Premio a mellor canle. 600 €.
Premio a mellor creador/a. 600 €.

https://carballointerplay.com/premio-creacion-dixital-galega/ 


Premio a produción de contido dixital en galego do Festival Carballo Interplay 2024

- Os proxectos presentados a este premio deben estar referidos á creación de contidos audiovisuais para internet en lingua galega e deben ser creacións propias, orixinais e inéditas.
- Poden ser de calquera formato sempre e cando sexan pensados para seren difundidos en internet mediante varias entregas, capítulos ou partes.
- A plataforma de difusión pode ser calquera: youtube, instagram, tiktok, plataforma de streaming etc
- Poden ser de imaxe real, animación, stop motion, técnica combinada, etc.
- Non hai ningún tipo de restrición de temática, xénero, estilo e persoas destinatarias sempre que non conteñan ningún tipo de contido ofensivo contra ninguén.
- Deben ser gravadas orixinalmente en galego e esta debe ser a língua do seu título e créditos.

Poderán presentarse proxectos dende a publicación das bases ata o 8 de marzo de 2024.

O premio ten unha dotación económica de 3.000 € e deberá destinarse exclusivamente á produción de, polo menos, tres videos ou partes do proxecto premiado.

https://carballointerplay.com/premio-a-producion-de-contido-dixital-en-galego/ 


Premio de competición internacional de series de formato curto Carballo Interplay 2024

- Poderán presentarse a competición aquelas series producidas entre os anos 2023 e 2024 que teñan a lo menos 3 capítulos producidos.
- Os capítulos poden ser inéditos ou estar publicados en calquera plataforma de streaming ou de video online.
- A duración máxima dos capítulos é de 30 minutos.
- Os episodios inscritos poden ser de calquera temática, xénero, de imaxe real ou animación.

A inscrición farase desde a web do festival www.carballointerplay.com cubrindo debidamente o formulario de inscrición ou a través da plataforma online Filmfreeway.
A inscrición é gratuíta en todos os casos.
A data límite para a inscrición é o 22 de febreiro de 2024.

Premio:
-Mellor serie: 800 euros e trofeo
-Premio do xurado novo: 400 euros e trofeo
-Premio do público: 400 euros e trofeo
-Premio a mellor dirección: 200 euros e trofeo

https://carballointerplay.com/competicion-de-series/