1º premio 2023. Vendedora de froita no mercado público Dire Dawa, Etiopía. Mark Levitin 1º premio 2023. Vendedora de froita no mercado público Dire Dawa, Etiopía. Mark Levitin

Concurso fotográfico Obxectivo África

12 Feb 2024

Casa África convoca a XIV edición do concurso fotográfico Obxectivo África baixo a temática: Biodiversidade en África.

O concurso premiará aquelas imaxes que reflictan de forma creativa a biodiversidade do continente africano. Obxectivo África, orientado sempre a coñecer os aspectos positivos do continente africano pon o foco nesta edición no medio ambiente e a biodiversidade

Premios:
- Primeiro premio: 1.000 €.
- Segundo premio: 500 €.
- Terceiro premio: 300 €.

O prazo de presentación das solicitudes permanecerá aberto desde o 2 de febreiro de 2024 ata o 2 de maio de 2024 ás 14.00 horas.

http://www.casafrica.es/es