Búscanse Exposicións 2024

28 Set 2023

Cuttoo busca exposicións para pechar a programación de 2024. Cuttoo é unha galería e centro cultural situado en Arganzuela que aposta polos grandes e pequenos artistas e están a buscar artistas de todas as partes do territorio para conformar a programación de 2024. Atréveste?

Reunimos o máximo de solicitudes e o comité de selección xúntase para dividir unha exposición para cada tres semanas. Seleccionaremos sobre 20 artistas ou comisarios de arte para lanzar a proposta expositiva, sempre que encaixe cos estandares galerísticos de calidade dentro do espazo. A exposición ten un custo semanal por parte do artista, pero que se pode subvencionar con outras axudas independentes ao espazo. Unha vez seleccionados, achegaráselles dossier e condicións, en caso de aceptar mediarase con cada un deles para atopar unha data idonea entre xaneiro e decembro de 2024 e empezar a preparar o material. Así como todas as actividades posibles paralelas que así se requiran (guías, entrevistas, circuítos, directos de instagram…).

Disciplinas
-Pintura
-Colaxe
-Ilustración
-Fotografía
-Instalación
-Artes mixtas
-Audiovisual
-Performance
-Escultura

O prazo de inscrición estará aberto ata o 30 de novembro de 2023.

Máis información
https://cuttoo.es/ 
Inscrición 
INFO@CUTTOO.ES 
623066678
Paseo de Santa María de la Cabeza, 80 - 28045 Madrid