Xornadas de Xuventude da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal ( Eurocidade 2030 Chaves-Verín)

27 Set 2023

Os días 20 e 21 de outubro de 2023 terá lugar as Xornadas de Xuventude da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal organizadas pola Federação Nacional das Associações Juvenís Portuguesa (FNAJ), no marco do proxecto Eurocidade 2030 Chaves-Verín, no que a Xunta de Galicia é socia a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e a Fundación Galia Europa, xunto á Federação Nacional das Associações Juvenís Portuguesa (FNAJ), o Instituto Português de Desporto e Juventude (IPDJ) e a AECT Eurocidade Chaves Verín.

As xornadas terán como finalidade establecer un foro de discusión e de participación das persoas mozas nos ámbito da inclusión, a cultura, a cooperación e a formación e emprego,  co obxectivo de favorecer e potenciar o desenvolvemento da eurorrexión.

Inscríbete e participaactivamente xunto con outros mozos e mozas da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. 

Lugar: Chaves-Verín.

Datas: 20 e 21 de outubro.

Destinatarios/as: mozos e mozas galegos con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos, ambas inclusive.

Prazas: 20 prazas.

Inscrición: mediante formulario electrónico.

A inscrición nesta actividade implicará a autorización expresa do/a mozo/a participante da cesión dos seus datos á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e á FNAJ aos efectos exclusivos de organización da actividade.

Prazo de inscrición: do 27 de setembro a 13 de outubro.

Admisión: será por rigoroso orde de inscrición, ata cubrir a totalidade de prazas convocadas. Os/as solicitantes seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación da praza. Unha vez finalizado o prazo de inscrición, de non recibir comunicación nos tres días seguintes, entenderase que non obtivo praza.

Inscrición gratuíta, que inclúe:

- Aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple.

- Transporte ida e volta dende Santiago de Compostela ata o lugar da xornada.

Máis información: programas.xuventude@xunta.es

Este proxecto Eurocidade 2030 Chaves-Verín conta co finanzamento do Programa Interreg España-Portugal (POCTEP 2021-2027).

 

 

 

logo interreg