A Escola de tempo libre Don Bosco convoca un curso de Director/a de tempo libre en Santiago de Compostela.
Requisitos:
Estar en posesión do título de monitor de actividades de tempo libre.
Acreditar unha experiencia de traballo como monitor/a no campo da educación/animación no tempo libre de, coma mínimo, 250 horas ou como integrante do equipo de animación en colonias ou campamentos por un total de 30 días, despois da obtención do título de monitor.
Posuír, polo menos, un título de ensino secundario.
Datas:
Decembro 2023: 16, 17, 23, 26, 27, 28, 29 e 30.
Xaneiro 2024: 2, 3, 4, 13, 14, 20 e 21.
Horarios: As sesións realizaranse en horarios de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00.
Total prazas: 25 alumnos
Prezo: 250 €. Tasas de expedición de título non incluídas.
O curso consta de 150 horas teóricas. Será necesario superar 150 horas de práctica unha vez realizada a parte teórica para poder obter a titulación.
Títulación homologada pola Dirección Xeral de Xuventude Participación e Voluntariado.
https://cxdonbosco.org/index.php/etl/cursos/462-curso-de-director-a-de-tempo-libre-23-24