Premios Internacionais de Investigación España-Irlanda

19 Set 2023

O Centro de Estudos Iberoamericanos e Transatlánticos FGUMA-UMA, a través da aula María Zambrano de Estudos Transatlánticos da Universidade de Málaga convoca unha nova edición dos Premios España-Irlanda da aula María Zambrano de Estudos Transatlánticos co fin de incentivar as investigacións e espertar o interese sobre as relacións entre ambos os países en calquera disciplina académica e científica.

Deberán ser traballos de investigación sobre as relacións entre España e Irlanda que poden ser históricas, económicas, culturais ou doutra índole de estudo.
A memoria conterá, polo menos, os apartados de título, resumo, palabras chave, introdución, desenvolvemento, resultados (se a natureza do traballo así o require), conclusións e referencias.
A extensión non debe ser inferior a 150 páxinas. Exclúense deste cómputo os anexos e a bibliografía manexada e citada.
O texto debe seguir o seguinte formato: Formato Word; tipo de letra Times New Roman 12; interlineado 1,5; marxes esquerda e dereita 3 cm.; marxes superior e inferior de 2,5 cm; páxina A4.
Os traballos poden ser en lingua española ou inglesa.
Deberán ser traballos inéditos e que non fosen premiados anteriormente.

Requisitos
Poderán participar no concurso profesores, alumnos, xornalistas e investigadores de todo o mundo.

Dotación
1.000 euros para o mellor traballo. Accésit de 200 euros para o segundo mellor traballo. Poderá publicarse na Revista TSN un artigo de cada un dos traballos premiados para a súa difusión internacional.

O período de inscrición estará aberto ata o 18 de decembro de 2023.

Máis información https://www.uma.es/