8ª edición do Premio FEEL GOOD

19 Set 2023

O optimismo é a mellor vacina contra a adversidade. Por iso, Plataforma Editorial pon en marcha a 8ª edición do PREMIO FEEL GOOD® , un certame literario cuxo fin é impulsar o optimismo entre escritores e lectores, a partir de historias con autenticidade e sentido que transmitan alegría e benestar, que contaxien ideas positivas e que, sobre todo, axuden a ser máis fortes, máis sans e máis felices.

Consideraranse obras Feel Good todos aqueles manuscritos que contaxien ideas positivas. Buscamos textos que nos fagan rir, que nos axuden a ver a vida con alegría e, sobre todo, a sentirnos mellor con nós mesmos. Aceptaranse obras de ficción e de non ficción, tanto ensaios como memorias, testemuños reais ou novelas, en castelán ou en catalán.

Os participantes terán que enviar a súa obra en formato Word ou procesador de textos equivalente á seguinte dirección de correo electrónico: feelgood@plataformaeditorial.com

Dotación
Plataforma Editorial establece un premio dotado con 3.000 euros

O prazo de admisión de orixinais pecharase o día 30 de setembro de 2023.

Máis información
https://www.plataformaeditorial.com 
Bases