XVI Concurso Galego de Composición

19 Set 2023
A Federación Galega de Bandas de Música Populares ten aberta a convocatoria para participar no XVI Concurso Galego de Composición, coa finalidade de fomentar a creación de obras inspiradas na nosa cultura e tradición para ser interpretadas por bandas de música.
 
Como novidade neste ano, creouse a categoría de composicións de música popular galega e a de composicións para banda de iniciación. Reformuláronse as seccións restantes en composicións de dificultade alta, media e baixa; establecendo un grao de dificultade, tempo de duración e instrumentación en cada unha delas.
 
Podedes acceder aquí ás bases e ao formulario para participar.