Premios da Axencia Española de Protección de Datos

19 Mai 2023

A Axencia Española de Protección de Datos convoca os seguintes premios:

Premio ás Iniciativas e Boas Prácticas para a protección das mulleres fronte á violencia dixital.
- Poderán tomar parte no concurso calquera persoa, entidade pública ou privada da Unión Europea.
- A finalidade é premiar o desenvolvemento dunha actividade, produto ou servizo que, procedente do ámbito público ou privado, teña como características a orixinalidade, creatividade, innovación e o impacto social en relación coa protección de datos e a garantía dos dereitos e liberdades das persoas fronte á violencia dixital por razón de xénero.
- Preferentemente consideraranse de maior interese aquelas actividades, produtos ou servizos destinados á sensibilización e prevención das distintas formas de violencia dixital por razón de xénero. A modo de exemplo de boas prácticas, valoraranse especialmente as aplicacións, guías, ferramentas, procesos ou materiais que as entidades públicas ou privadas desenvolvan para previr a violencia dixital de xénero, tanto no ámbito de menores de idade como de persoas adultas.

Premio á difusión do dereito fundamental á protección de datos en redes sociais
- Poderán tomar parte na convocatoria exclusivamente persoas ou grupos de persoas en caso de perfís colaborativos, residentes en España, con perfil público e aberto nunha ou varias redes sociais e que, a través deses perfís e as publicacións que realizan, demostrasen o seu compromiso coa defensa e a difusión do dereito fundamental á protección de datos persoais.

Premio de Emprendemento en Protección de Datos Persoais Ángela Ruiz Robles
- O seu o seu obxecto premiar o desenvolvemento unha actividade empresarial, produto ou servizos que teña como características o ser orixinal, creativo, innovador e con impacto social en relación, e con pleno cumprimento, coa protección de datos e a garantía dos dereitos e liberdades das persoas

Os premios terán nunha dotación económica de 3.000 €.
O xurado poderá propoñer a concesión dun accésit dotado con 1.500 €

O prazo de presentación dos traballos estará aberto ata o 15 de outubro de 2023.
Máis información no BOE do 19 de maio de 2023 e en www.aepd.es