Pornografía e adolescencia

25 Abr 2023

O informe de Save the Children (Des)información sexual: pornografía y adolescencia publicado no 2020 analiza como é o consumo de pornografía por parte dos adolescentes e como lles afecta nas súas relacións persoais.

Na investigación, na que participaron 1.753 mozos e mozas entre 13 e 17 anos, indícase que máis da metade dos dolescentes accederon por primeira vez ao porno antes dos 13 anos.

Noutro artigo, o Centro Reina Sofía sobre Adolescencia y Juventud analiza este e outros informes da mesma temática, producindo unha síntese ben valiosa para coñecermos as cifras dun paradigma actual e preocupante no que cómpre dotar de ferramentas e coñecementos a nosa xuventude.


Recorda que o servizo Quérote+ da Xunta de Galicia ofrece asesoramento gratuíto sobre sexualidade e adicións.