A ETL Aventeira Escola convoca un curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre, que inclúe o Certificado de Manipulador/a de Alimentos e contido especializado en xénero e igualdade, educación emocional, comunicación non violenta, participación e orientación laboral no tempo libre.
Datas:
Parte online: do 2 de maio ao 5 de xuño. 35 horas
Parte presencial: do 6 -17 e do 19-23 de xuño. 165 horas
Horario:
Parte presencial: de 9:00-14:00 e de 16:00-21:00.
Parte online: horario flexible, auto-organización por parte do alumno ou alumna.
Lugar: Estamos de estrea! O espazo principal de realización do curso será a nosas nova aula, sita no CC O Ventorrillo, planta 1, local 3, na cidade da Coruña (agás algunhas actividades que terán lugar no exterior, na zona da Coruña e nos seus arredores, e unha actividade de campismo).
Duración: 200 horas da fase teórico-práctica (180 horas presenciais e 20 online) e 150 horas da fase de prácticas. Precísase unha asistencia ao 80% do total das horas teórico-prácticas para superar o curso, así como superar a parte práctica.
Teléfonos: 722 349 497 e 722 349 658
Correo electrónico: escola@aventeira.com
Prezo e prazo de inscrición: 275 euros ata o 13 de abril e 295 ata o 25 de abril.
Formulario de inscrición e máis información: http://aventeira.com/escola-de-tempo-libre/matl/