A Escola de tempo libre Don Bosco convoca un curso de monitor/a de tempo libre en Santiago de Compostela en formato intensivo, dende o 26 de xuño ao 21 de xullo de 2023.
Requisitos
Ter cumplidos os 18 anos no inicio do curso
Ter rematado a Ensinanza Secundaria Obrigatoria
Datas da parte teórica:
Xuño: 26, 27, 28, 29 e 30
Xullo: 3, 4, 6, 7 e 8
10, 11, 12, 13 e 14
17, 18, 19, 20 e 21
O curso desenvolverase de forma presencial apoiado con ferramentas dixitais para a realización de tarefas e documentación.
Horarios:
As sesións realizaranse en horarios de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00.
As sesións online impartiranse cos seguintes criterios:
Videochamadas grupais de asistencia obrigatoria a realizar entre as 9:00 e as 14.00 e/ou de 16:00 a 21:00.
Traballos e tarefas na aula virtual
Para realizar a inscrición hai dúas opcións:
Cubrindo o Formulario de Inscrición Curso de Monitor/a de Tempo Libre
Achegándose á ETL Don Bosco na rúa Belvís 2 en Santiago de Compostela.
Para garantir a reserva da praza é preciso realizar coma mínimo o ingreso de 75€. Esta cantidade se reembolsará no caso da non realización do curso por falta de incrición mínima. Non se reembolsará cando un alumno/a e baixa do curso e non o comunica cunha antelación mínima de 10 días antes do incio do mesmo.
No momento de facer a inscrición é necesario presentar o dni, o xustificante de pagamento(no caso de facelo por transferencia) e foto actual.
Para realizar o pagamento existen tres posibilidades:
Ingresando no número de conta de La Caixa ES59 2100 2186 9802 0012 5132 indicando no concepto o nome do participante.
Achegándose a ETL Don Bosco na rúa Belvís 2 en Santiago de Compostela (en efectivo ou tarxeta)
Accedendo á pasarela de pagamento virtual (tarxeta ou bizum)
Total prazas: 25 alumnos
Prezo: 250€ .Tasas de expedición de título non incluídas.
O curso consta de 200 horas teóricas. Será necesario superar 150 horas de práctica unha vez realizada a parte teórica para poder obter a titulación.
Títulación homologada pola Dirección Xeral de Xuventude Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia.
*O curso pode incluír: 12 horas de curso de manipulación de alimentos (formación on-line)
A participación no curso da dereito a solicitude de 3 créditos optativos ECTS para todas as titulacións na USC.
https://cxdonbosco.org/index.php/etl/cursos/434-curso-de-monitor-a-de-tempo-libre-2023-veran