Premios SELIC de creación literaria

06 Mar 2023

O Concello de Santiago de Compostela convoca un premio e dous accésits para obras escritas en galego nos xéneros de narrativa, poesía, teatro e ensaio.
O premio terá unha dotación de 6.000 euros e un accésit de 1.500 euros.
Os textos deberán ser inéditos e terán a cidade de Santiago de Compostela como marco da acción ou referencia fundamental da obra. Os premios conlevan a publicación na colección SELIC que edita o Concello de Santiago, renunciando os autores/as a percibiren dereitos de autoría por esta publicación.

As obras que opten aos premios deberán ter as seguintes extensións: narrativa e ensaio un mínimo de 150.000 caracteres (incluídos espazos), poesía un mínimo de 300 versos e teatro un mínimo de 50.000 caracteres (incluídos espazos).

O prazo de recepción de orixinais estará aberto ata o 10 de setembro de 2023.
Máis información no BOP da Coruña do 6 de marzo de 2023 e en http://selic.gal/