IX Premio Internacional de Arte Marta García Fajardo 2023

01 Mar 2023

A Fundación María José Jove convoca o IX Premio Internacional de Arte Marta García-Fajardo.

O premio contribúe ao fomento e a difusión das artes visuais, e ofrece total liberdade en canto a disciplinas de presentación. Con todo, nas disciplinas de pintura, debuxo, escultura e fotografía, establécese uns formatos mínimos de 60 cm. e máximo de 250 cm. nalgunha das súas dimensións.

A presentación das obras realízase mediante rexistro en liña e o prazo de presentación das mesmas finaliza o 4 de maio de 2023.

Requisitos
Poderán participar persoas de ata 40 anos (á data de inscrición), calquera que sexa a súa nacionalidade ou residencia.

Dotación
O premio está dotado con 12.000 euros e unha publicación monográfica sobre o/a artista gañador/a.

 

Máis Información
Bases da convocatoria
Formulario de inscrición
Páxina Web María José Jove