IV Premio Fina Casalderrey Literatura Infantil pola Igualdade

22 Feb 2023
Co motivo da celebración do 8 de marzo, para promover a educación en igualdade, Baía Edicións, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, convoca o IV PREMIO FINA CASALDERREY de Literatura Infantil pola igualdade.
 
As obras deberán atender ao concepto de literatura infantil non sexista e coeducativa en calquera dos seus aspectos, introducindo elementos críticos que cuestionen o modelo social sexista.
 
Haberá un único premio de 2500 euros en concepto de adianto de dereitos de autoría e a obra será publicada por Baía Edicións.
 
O prazo de presentación de orixinais o 8 de marzo de 2023 e a resolución do xurado farase pública o 1 de xuño de 2023.
 
Máis información: