A Axencia Estatal de Administración Tributaria convoca unha nova liña de axudas que consiste nun pago único de 200 euros, para as persoas físicas de baixo nivel de ingresos e patrimonio, que durante o 2022 fosen asalariados, autónomos, ou beneficiarios da prestación ou subsidio por desemprego.
Requisitos
Residentes en España.
Realizasen unha actividade por conta propia ou allea pola cal estean dados de alta no réxime correspondente da Seguridade Social ou mutualidade.
Fosen beneficiarios da prestación ou subsidio por desemprego.
Non superen 27.000 euros íntegros de rendas (é dicir, o importe bruto sen descontar gastos nin retencións) e 75.000 euros de patrimonio ao 31 de decembro de 2022 (descontando a vivenda habitual).
A axuda solicitarase a través dun formulario electrónico dispoñible na Sede electrónica da Axencia Estatal de Administración Tributaria
O prazo para solicitar esta axuda abrirase desde o 15 de febreiro ata o 31 de marzo de 2023.
Máis información en: sede.agenciatributaria.gob.es