Curso en Santiago de Compostela de Monitor/a de actividades de tempo libre da ETL Don Bosco

31 Xan 2023

A Escola de Tempo Libre Don Bosco de Santiago de Compostela organiza un curso de Monitor/a de actividades de tempo libre nas fins de semana, dende febreiro a maio.

Requisitos
Ter cumplidos os 18 anos no inicio do curso
Ter rematado a Ensinanza Secundaria Obrigatoria

Datas da parte teórica:
Febreiro: 25 e 26
Marzo: 4, 5, 11, 12, 18 e 19
Abril: 1, 2, 15, 16, 22 e 23
Maio: 6, 7, 13, 14, 27 e 28
A maioría do curso desenvolverase de forma presencial. Unha pequena porcentaxe das horas do curso realizarase de forma online que poderían aumentar si a situación sanitaria así o requerira.

Horarios:
As sesións realizaranse en horarios de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00.
As sesións online impartiranse cos seguintes criterios:
Videochamadas grupais de asistencia obrigatoria a realizar entre as 9:00 e as 14.00 e/ou de 16:00 a 21:00.
Traballos e tarefas na aula virtual

Equipo necesario para as sesións online:
Será necesario dispoñer de dispositivo con conexión a internet, cámara e micrófono para a asistencia ás videochamadas grupais.

Total prazas: 25 alumnos
Prezo: 250€ .Tasas de expedición de título non incluídas.
O curso consta de 200 horas teóricas. Será necesario superar 150 horas de práctica unha vez realizada a parte teórica para poder obter a titulación.

Títulación homologada pola Dirección Xeral de Xuventude Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia.
O curso pode incluír: 12 horas de curso de manipulación de alimentos (formación on-line)
A participación no curso da dereito a solicitude de 3 créditos optativos ECTS para todas as titulacións na USC.

https://cxdonbosco.org/index.php/etl/cursos/422-curso-de-monitor-a-de-tempo-libre-2023-prim-2-edicion