Axudas á creación de empresas por persoas agricultoras mozas

27 Feb 2023

A Consellería do Medio Rural convoca axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións por parte de persoas mozas, así como para a incorporación de mozos e mozas á actividade agraria.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 27 de marzo de 2023.
As solicitudes poden presentarse en https://sede.xunta.es co procedemento MR404A.
Máis información no DOG do 26 de xaneiro de 2023 e en http://mediorural.xunta.gal

Ampliación do prazo no DOG do 27 de febreiro de 2023

* Persoa agricultora moza: a persoa que no momento de presentar a solicitude da axuda á primeira instalación teña cumpridos os dezaoito anos e non teña cumpridos máis de corenta anos, conte coa capacitación e a competencia profesionais axeitadas e se estableza nunha explotación agraria por primeira vez como titular desa explotación; poderá establecerse de xeito individual ou xunto con outros agricultores, en calquera forma xurídica.