O Parque Tecnolóxico de Galicia -Tecnópole- en colaboración coa Consellería de Economía e a FECYT convocan a 18º edición de Galiciencia co obxectivo de achegar a ciencia á sociedade, en particular aos estudantes de Primaria, Secundaria, FP e Bacharelato.
O prazo para presentar proxectos está aberto ata o 20 de marzo en www.galiciencia.com. Haberá un límite de 45 asistentes máximo por centro escolar e un mínimo de 25, e o Tecnópole encargarase de xestionar e custear o transporte.
Esta 18ª edición terá lugar os días 10, 11 e 12 de maio. A temática elixida é “Aeronáutica e Aeroespacial”, centrada en introducir aos máis novos no mundo da aviación.
Dotación
1º premio dotado con 1.000 euros, para financiar a participación na maior feira científica a nivel estatal, Exporecerca, que se celebra anualmente en Barcelona.
2º premio dotado con 500€, permitirá asistir a Zientzia Azoka, a feira de ciencia en Bilbao.
3º premio dotado con 200€ para a compra de material científico e/ou tecnolóxico para o seu centro escolar.
Premiaranse outras categorías: proxecto liderado por unha nena e/ou relacionado coa igualdade de xénero; proxecto coa mellor valoración popular e premio á mellor proposta de FP.
O alumnado galego de primaria poderá participar no concurso de deseño da camiseta oficial de Galiciencia 2023.
Tamén haberá un concurso de fotografía a través de Instagram, que remata o 24 de abril e diríxese tanto ao alumnado como ao profesorado de Secundaria, Bacharelato e FP de toda España.
Por último, o alumnado galego desde 4º de Primaria a Bacharelato poderá participar no Desafío científico Atrévete coa Aeronáutica! inscribíndose antes do 23 de febreiro en atrevete.galiciencia.com.
Máis información en: atrevete.galiciencia.com