“Busca a túa causa e dálle Efecto MIL” Fundación Atresmedia

23 Xan 2023

A Fundación Atresmedia lanza a convocatoria “Busca a túa causa e dálle Efecto MIL” co obxectivo de impulsar o uso positivo das redes sociais entre os mozos. Utilizando a creatividade e as habilidades de comunicación, pedímosche que elabores un vídeo que axude a sensibilizar en redes sociais sobre as oportunidades e os riscos do seu uso.

Os vídeos presentados deberán estar vinculados a un dos temas propostos:

Acoso en redes sociais.
Adicción ás redes sociais.
Discursos de odio.
Fake news.
Perigos dos retos virales.

Os vídeos deberán ser presentados en formato mov ou mp4, cunha duración máxima de 1 minuto, sen exceder 1 GB de tamaño e sempre axustándose ao formato requirido na rede ou redes sociais nas que o participante pretenda difundilo. Cada participante poderá presentar un único vídeo.

O prazo de presentación de candidaturas finaliza o día 28 de febreiro ás 23.59 horas.

Para a presentación dos vídeos, os/as participantes deberán rexistrarse na web, introducindo os seus datos (Nome, apelidos, DNI, data de nacemento, localidade, teléfono e correo electrónico) así como unha clave e un contrasinal.

O Xurado comunicará a candidatura gañadora no mes de xuño de 2023.

Requisitos
Ter entre 16 e 25 anos e residencia en España.
Presentación individual ou en grupos formados por un máximo de 3 persoas.
Ter inquietudes pola comunicación a través das redes sociais, desexar mellorar as habilidades creativas e querer crear e difundir vídeos en redes sociais asociadas a un tema relacionado cos seus riscos e oportunidades, para contribuír a concienciar á mocidade da súa contorna e á sociedade en xeral.

Dotación
O/a gañador/a do premio final recibirá un pack tecnolóxico (valorado en 3.000 €) así como a participación nunha experiencia Atresmedia.

Os/as finalistas, os creadores dos 10 vídeos seleccionados, terán tamén a oportunidade de formarse con expertos de Atresmedia no que poderán aprender técnicas de creatividade, de produción, márketing de contidos e de redes sociais.

 

Web Efecto Mil | Bases da convocatoria | efectomil@fundacionatresmedia.org