XXVI Premio Manuel Colmeiro

23 Xan 2023

A EGAP convoca o XXVI Premio Manuel Colmeiro para traballos de estudo e investigación sobre a Administración pública de Galicia

Poderán participar nesta convocatoria persoas individuais ou grupos de traballo de calquera nacionalidade dos Estados membros da Unión Europea.
Os traballos serán orixinais (isto é, provirán directamente do seu autor, sen ser imitación, tradución ou copia doutra obra), inéditos e non premiados con anterioridade.
Os traballos, escritos nalgunha das dúas linguas cooficiais da comunidade autónoma, presentaranse en formato A4, mecanografados a dobre ; e terán unha extensión mínima de 100 páxinas.
Os traballos poderán versar sobre a organización, estrutura, funcións e/ou ámbitos competenciais de calquera das administracións. A investigación poderá ser realizada desde calquera perspectiva, xa sexa histórica, xurídica, administrativa, política, sociolóxica ou económica.
A dotación económica do premio é de 3.500 euros

As solicitudes presentaranse en https://sede.xunta.gal co formualrio PR771A
O prazo estará aberto ata o o 16 de outubro de 2023.
Máis información no DOG do 23 de xaneiro de 2023 e en https://egap.xunta.gal/