A Unión de Asociacións de Enxeñeiros Técnicos Industriais e Graduados en Enxeñería da rama industrial de España, UAITIE, convoca a VIII edición do Premio de Iniciación á Investigación Tecnolóxica
O obxecto deste Premio é o fomento das vocacións e do interese dos alumnos de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Superior nos estudos de enxeñerías da rama industrial, mediante a práctica de actividades de iniciación á investigación tecnolóxica.
O Concurso está orientado a todo o alumnado que se atope cursando 3º e 4º cursos de ESO e 1º e 2º cursos de Bacharelato en España, nas materias de Tecnoloxía ou Tecnoloxía Industrial, e 1º e 2º cursos de Ciclos Formativos de Grao Superior nas familias: Electricidade e Electrónica, Enerxía e Auga, Fabricación Mecánica, Instalación e Mantemento, Química, Transporte e Mantemento de Vehículos, e Edificación e Obra Civil.
Os proxectos serán achegas colaborativas de equipos (mínimo de 3 alumnos e máximo de 5), coordinados por un profesor/a ou representante do centro educativo correspondente que imparta a materia de Tecnoloxía, quen exercerá de interlocutor entre a institución de ensino, a Asociación colaboradora e UAITIE.
Poderán participar varios equipos de alumnos dun mesmo centro.
Os traballos recibidos clasificaranse en tres categorías segundo o nivel de estudos que o equipo de alumnos estea a cursar no momento de convocatoria deste Premio:
- Categoría A: Estudantes de Educación Secundaria Obrigatoria.
- Categoría B: Estudantes de Bacharelato.
- Categoría C: Estudantes de Ciclos Formativos de Grao Superior.
Para participar no Concurso, o coordinador do equipo deberá enviar o formulario de inscrición cos datos do proxecto e participantes, previamente á presentación do traballo á dirección de correo electrónico: premionacional@uaitie.es
O prazo de participación estará aberto ata o 31 de marzo de 2023
Premios
Premios Fase Local: Diploma acreditativo ou outra concesión a criterio da Asociación Local do equipo gañador da zona.
Premios Fase Nacional:
- Diploma acreditativo
- Valor monetario equivalente a 1.000 euros para os impulsores do proxecto
- Valor equivalente a 500 euros para o centro educativo en material para aula tecnolóxica do centro.