Participa Méliès

19 Xan 2023

Caixaforum convoca a 11ª edición de Participa Méliès, un concurso de vídeos aberto a todos os públicos no que podedes participar coa escola, de forma particular ou cunha entidade.

Concursar é moi fácil! Só necesitades unha historia que poidades contar en menos de 3 minutos, unha cámara ou dispositivo de vídeo para gravar unha curtametraxe no que utilicedes polo menos un dos tres trucaxes de Georges Méliès, e moita imaxinación.

- O vídeo ten que ser inédito. Non se pode presentar a outros concursos.
- A curta pode durar un máximo de 3 minutos (sen incluír créditos).
- A curta ten que ser mudo (sen diálogos). Poderás incorporar música.
- O vídeo ten que incorporar polo menos un dos tres trucaxes de Méliès.

O xurado de Participa Méliès valorará ante todo a imaxinación e o enxeño.

O Premio ao Mellor Vídeo recibirao a curta máis orixinal da categoría xeral, o que mellor represente desde un enfoque actual o cinema fantástico de Méliès. O Premio Imaxinación ao Poder será para o vídeo máis imaxinativo e que utilice con maior enxeño a tecnoloxía ao seu alcance. Trucaxes de alto enxeño e baixo custo!

Premiaranse os mellores vídeos enviados polas escolas de Primaria, de Secundaria, Bacharelato, e Ciclos Formativos. As escolas participantes optarán tamén ao Premio do Público e ao premio Imaxinación ao Poder. Ademais, este ano queren premiar aos centros escolares que participasen na 5ª, 6ª, 7ª, 8ª, 9ª e/o 10ª edición, e envíen un vídeo á 11ª edición do concurso. Os centros escolares perseverantes entrarán no sorteo de 2 packs de: 1 tablet Samsung Galaxy Tab A7 – 10,4” + Trípode Vanguard Vesta 233AP + Adaptador.

E os vídeos que entren máis rápido en concurso terán máis posibilidades de optar ao Premio do Público, ademais, os primeiros vídeos que reciban ata o 15 de febreiro de 2023 entraran no sorteo dun dron DJI Mavic MINI Kit voa máis.

O prazo de participación estará aberto ata as 13:00 horas do 25 de maio de 2023.
O 13 de xuño de 2023 a partir das 13:00 horas daremos a coñecer as persoas, entidades ou centros escolares gañadores.

Máis información https://www.participamelies.com/el-concurso/bases-del-concurso/

Vídeos gañadores noutras edicións: https://www.participamelies.com/videos/edicion/10a-edicion-ganadores/