Programación de Nadal Concello de Cambre

16 Dec 2022

Desde Xuventude do Concello de Cambre compartimos a programación de Nadal 2022-2023.

Actividades gratuitas para mocidade de 12 a 30 anos
Inscricións: https://forms.gle/LbmJ4sa4Jadpr9KD8

CASA ARRIGADA: KDADAS DE NADAL - EU RECICLO, TI RECICLAS, NÓS RECICLAMOS

23 de decembro. Vernizado de niños para paxaros e morcegos
26, 27 e 28 de decembro. Hotel de insectos
27 de decembro. Escape Room: A viaxe, cando escapar non é un xogo, en colaboración con Asemblea de Cooperación Pola Paz - Galicia
29 de decembro. Customización de roupa e propósitos de ano novo medioambientais
30 de decembro. Festa de Pre Fin de Ano
2 de xaneiro. Xabón líquido caseiro
3 de xaneiro. Mural con follas
4 de xaneiro. Creación de portafotos

CASA DAS PALMEIRAS: KDADAS DE NADAL - PONTE NO MEU LUGAR

Mañás
27, 28, 29 de decembro. Obradoiro de Lingua de signos - iniciación

Tardes
23 de decembro. Obradoiro de Cupcakes
26 de decembro. Adornos de Nadal con materiais reciclados
27 de decembro. Escape Room: A viaxe, cando escapar non é un xogo, en colaboración con Asemblea de Cooperación Pola Paz - Galicia
28 de decembro. Xincana Ponte no meu lugar
29 de decembro. Preparación de photocall e outras preparacións para a festa de pre-fin de ano
30 de decembro. Festa de Pre Fin de Ano, con xogos e quedada para tomar as "pre uvas"
2 de xaneiro. Propósitos de Ano Novo
3 de xaneiro. Tarde de Videoxogos
4 de xaneiro. Xogos de Mesa, elaborando un xogo inclusivo

 

Máis información
App OMIX Cambre
omix.cambre.es
Casa das Palmeiras: Tlf.:981 650 269
pixtemple@cambre.org