A Escola de Organización Industrial e Fundación Generation Spain, ofrecen a posibilidade de formarte en competencias para facilitar a procura de emprego e de forma gratuita, grazas a que está cofinanciado polo Fondo Social Europeo a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil. Sen necesidade de coñecementos previos, este é un programa formativo, enfocado ao emprego, no que desenvolverás todas as habilidades técnicas e profesionais necesarias para incorporarte a un equipo de automatización de procesos.
Este programa impartirase en formato presencial virtual en quenda de mañá e con formación síncrona co profesor en directo.
A data de inicio da formación é o 23 de Xaneiro de 2023, cunha duración de 16 semanas.
Requisitos
Estar desempregado e rexistrado no Sistema de Garantía Xuvenil
Ter entre 18 e 29 anos
Estudos mínimos recomendados de formación profesional e universidade
Dispoñibilidade completa con alta esixencia de estudo
Necesario dispoñer de computador de mesa ou portátil con procesador i5, 8GB RAM e micrófono-altofalante incorporado.
Dispoñer de equipo informático con micrófono-altofalante incorporado e boa conexión a internet (ADSL, fibra ou equivalente), recomendable con cámara para as sesións en liña
Finalizada a formación farase entrega dun diploma de Programación Web.
Máis información