Concurso de vídeos ON ZIENTZIA

07 Dec 2022

Enmarcado dentro de Teknopolis, programa de televisión para a divulgación da ciencia e da tecnoloxía, Elhuyar e o Donostia International Physics Center (DIPC) organizaron a 13ª edición do concurso de vídeos ON ZIENTZIA.

O obxectivo do concurso é promover a produción e a difusión de vídeos curtos e orixinais que fomenten os valores positivos e de progreso da ciencia e tecnoloxía, e que sirvan de consulta para calquera tipo de público. A temática é totalmente libre e pode facer referencia a investigacións propias ou alleas, temas candentes na sociedade ou comunidade científica, paixóns científico-técnicas persoais, conceptos básicos de ciencia, fitos científicos, personaxes históricos, a ciencia do futuro ou pasado, etc.

O prazo de inscrición estará aberto ata o 26 de abril de 2023.

A entrega de premios realizarase en xuño do 2023 e emitirase nun programa especial de Teknopolis. Na entrega de premios proxectaranse os vídeos gañadores e proclamarase o fallo do xurado.

O concurso está aberto a todos/as os/as cidadáns, de todas as idades e nacionalidades. Pódese participar tanto de maneira individual como en grupo.

Premios:
Premio ao mellor vídeo de divulgación: 3.000 euros
Premio ao mellor vídeo en eúscaro: 2.000 euros
Premio novo (menores de 18 anos): 1.000 euros
Ademais dos premios do xurado, o vídeo que resulte máis votado no sitio web www.onzientzia.tv recibirá o premio do público: trofeo, cea para dúas persoas e aloxamento nun hotel de San Sebastián, coincidindo coa entrega de premios.

Máis información https://www.onzientzia.tv/es/bases/