6ª Convocatoria Premios ao Mérito e Liderado

05 Dec 2022

Fundación Dádoris convoca 6ª Convocatoria Premios ao Merito e Liderado. Trátase de apoiar financeiramente e tutelar a mozos preuniversitarios con altas capacidades e rendemento demostrado pero sen recursos económicos, e sen a visión nin o apoio moral, propio nin das súas familias, a cursar estudos superiores.

Que se ofrece?
Premio económico variable en función das necesidades do solicitante, ata 9.000 euros/ano que será destinado polos premiados a cubrir aquelas necesidades adicionais que puidesen ter para o desenvolvemento, consecución e continuidade dos seus estudos, distintas e complementarias ás xa cubertas por outras bolsas oficiais (Ministerio de Educación e Ciencia e CCAA) que puidese percibir o premiado.
- Premio económico variable en función das necesidades do solicitante, ata 9.000 euros/ano.
- Apoio dun titor da Fundación para facilitar o desenvolvemento profesional: por exemplo, conseguir prácticas de verán, mellorar os idiomas, etc.

Requisitos
Destinados a mozos de bacharelato con excelentes resultados académicos, en situación económica precaria (Limiar 1 Administración) que queren cursar estudos superiores.
- Académicos: Ter media de sobresaliente en Bacharelato e cursalo en España e acceder a estudos superiores nunha universidade española no curso 23/24.
- Económicos: Os ingresos da familia deben estar na contorna do Limiar 1 fixado pola Administración: aproximadamente un máximo de 4.000 euros de ingresos anuais por membro da unidade familiar (ex. unha familia de 4 persoas con ingresos duns 16.000 euros ano aprox.)

Prazo de solicitudes ata o 01 de Marzo do 2023.

 

Máis Información
info@fundaciondadoris.org 

Bases da convocatoria 

Formulario solicitude

BOE