Nós tamén creamos!

29 Nov 2022

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional da Consellería de Cultura, Educación e Universidade convocan os premios a curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa Nós tamén creamos! para o curso académico 2022/2023.

Establécense tres categorías para as que se convoca cadanseu premio:
- Categoría 1: destinada a curtas realizadas con alumnado do segundo ciclo de educación infantil
- Categoría 2: destinada a curtas realizadas con alumnado de primeiro e segundo de educación primaria
- Categoría 3: destinada a curtas realizadas con alumnado de terceiro e cuarto de educación primaria

O profesorado participante nas curtas premiadas recibirá unha certificación de Primeiro Premio de Innovación Educativa para cada unha das categorías, cunha equivalencia de 30 horas de formación permanente do profesorado para a persoa coordinadora e de 20 horas para o profesorado participante.

Os colexios recibirán, ademais dun lote de libros, un contrasinal de acceso á Plataforma OQO de contidos dixitais en galego durante o curso 2021-2022, para poder acceder aos álbums ilustrados sen necesidade de manipulalos, de ser preciso.

O prazo de presentación das solicitudes a través da sede electrónica da Xunta de Galicia estará aberto ata o día 1 de febreiro de 2023.

BASES