Proxecto EUTeens4Green mocidade destinada a avanzar na transición verde

25 Nov 2022

Esta convocatoria de propostas lánzase no marco do proxecto " EUTeens4Green- Unha nova xeración de novos embaixadores para unha transición xusta e inclusiva ", cofinanciado pola Unión Europea.

O obxectivo xeral de EUTeens4Green é mobilizar aos mozos para que tomen medidas na transición verde mediante a implementación de accións que serán apoiadas financeiramente nas rexións identificadas na análise preliminar da Comisión Europea como relevantes para o investimento do Fondo de Transición Xusta da Unión Europea. Esta transición só pode alcanzarse coa participación dos mozos e mozas, e grazas a este proxecto, poden mobilizarse para contribuír a ela. Ti podes ser a próxima xeración de embaixadores do clima!

Os/as participantes deben poder comunicarse en inglés sobre o seu proxecto ao promocionar o seu traballo a través do portal de información do proxecto.

A convocatoria está xestionada polo consorcio integrado por Startup Europe Regions Network (SERN) , Youth and Environment Europe (YEE) , e CEE Bankwatch Network, e co apoio da asociación Generation Climate Europe (GCE) .

O prazo para presentar solicitudes está aberto ata o día 09 de xaneiro de 2023; deben ser presentadas por un só solicitante que cumpra cos seguintes criterios:

Individuo ou grupo de individuos de 15 a 24 anos.
Organización sen fins de lucro (privada ou pública) sempre que os mozos ou membros da asociación involucrada no proxecto teñan entre 15 e 24 anos.
Ser residente ou estar establecido nun dos 27 territorios dos Estados membros da UE indicados.

Dotación

O orzamento total dispoñible para esta convocatoria aberta é de 700.000 € .
O importe máximo que se pode solicitar por cada proxecto é de 10.000 € .
Só se pode presentar unha proposta de proxecto por solicitante nesta convocatoria.

 

Máis Información

Páxina web

Bases da convocatoria

Lista de territorios elexibles 

hello@euteens4green.org