XA! Xuventude Ames

17 Nov 2022

O departamento de Xuventude de Ames presenta a marca XA! Xuventude Ames. Trátase dunha renovación onde adquire protagonismo a xuventude, as cores, a frescura, os novos modos de comunicarnos, unha imaxe renovada, moderna, actual e fresca.

Preténdese chegar á xuventude, e que a xuventude se achegue ao Concello, para promover un sentimento de orgullo e pertenza a Ames. A nova imaxe representa á xuventude amesá, que é creativa, actual, activa e que non se pon límites. Queremos achegar á xuventude unha imaxe positiva e próxima que englobe todas os proxectos nos que estamos a traballar. Darlle visibilidade a todos os recursos que podedes atopar, converténdose nunha ferramenta para a xuventude que quere formarse, atopar recursos, desfrutar do tempo libre e medrar como persoa.

https://www.concellodeames.gal/gl/organizacion/departamentos-municipais/estructura-de-departamentos-municipais/departamento-de-mocidade