Obradoiro Sexo Con-Sentido en A Coruña

16 Nov 2022

O Espazo Diverso organiza, no Centro Cívico da Cidade Vella, o obradoiro; Sexo Con- Sentido. Nel falarase de temas como a violencia sexual (tamén en espazos dixitais), do consentimento, desexos, límites e modelos sexuais.

A encargada de impartir o obradoiro é María Rodríguez Suárez, doutora en Xénero e Diversidade e Sexóloga. Coordina o proxecto sexológico RIZOMA e colabora ofrecendo formación e materiais didácticos e de divulgación a diferentes programas de educación sexual. Ademais, é autora das guías "Con-Sentido" (2018) e "Construción do imaxinario sexual nas persoas mozas: a pornografía como escola" (2020).

Obradoiro dirixido ao público en xeral, realizarase os días 22 e 29 de novembro de 2022

Prazo de inscición aberto en: espazodiverso@coruna.gal ou no teléfono 981 189 889.

 

Máis información

Páxina web

Espazo Diverso

Centro Cívico Cidade Vella

Rúa Veeduría nº 2

15001- A Coruña

Tel: 981 189 889

Mail: espazodiverso@coruna.gal