O Instituto da Mocidade, INJUVE, resolve o seu premio de Xornalismo e Comunicación 2022 co que quere recoñexer o traballo de xornalistas ou comunicadores menores de 35 anos que contribuísen ao fomento, defensa e difusión de valores cívicos, sociais e de igualdade nas modalidades de Xornalismo Impreso, Fotoperiodismo, Xornalismo Audiovisual (Radio e Televisión) e Xornalismo Dixital.
Xornalismo impreso. “As cicatrices do traballo doméstico”. Gonzalo García Sánchez.
Publicado o 10 de abril de 2022 en CV Semanal, a reportaxe pretende visibilizar a un dos colectivos máis esenciais do noso país, pero máis castigados ao mesmo tempo, o das empregadas do fogar e coidados.
Fotoperiodismo. “Incendios forestais e cambio climático”. Adra Pallón (Adrián Vázquez Rodríguez).
Este traballo de documentación dos labores de extinción dun dos incendios forestais de maior relevancia do pasado ano, na localidade lucense de Ribas de Sil, foi realizado como cobertura para a axencia EFE e distribuído en diferentes medios nacionais e locais, publicándose a serie completa no medio dixital Viva Lugo o 14 de setembro de 2021.
Xornalismo audiovisual. “Eu si che creo”. Núria Vilá Coma.
Documental de produción propia e publicado en Vimeo en marzo de 2022, aborda a situación de vulnerabilidade das mulleres vítimas de agresión sexual debido ás situacións traumáticas ás que se enfrontan á hora de denunciar ou buscar apoio despois de sufrir dita agresión.
Xornalismo dixital. “A viaxe dos Pérez: da Cañada Real á súa primeira casa vertical”. David Expósito Martín e Miguel Ezquiaga Fernández.
Esta reportaxe, publicado o 11 de abril de 2022 na edición dixital do País, relata a experiencia de dous reporteiros que durante seis meses conviviron cunha familia da Cañada Real Galiana de Madrid, o maior asentamento irregular de Europa.