Wombo Combo de Galeatro

17 Out 2022

Wombo Combo, de Galeatro, é unha reflexión sobre como os escenarios dixitais van gañando terreo nas nosas vidas en detrimento do presencial.

A función, que puido verse no festival FIOT de Carballo a comezos de outubro e logo na Casa da Cultura de Boiro, é unha peza para público infantil, xuvenil e familiar que nos conta a historia de Sara, unha rapaza que é vítima de acoso escolar, e da súa relación coa realidade virtual e das novas tecnoloxías. Sara, máis polo miúdo, non ten amigas nin amigos nin é brillante nos estudos. Para evadirse da crúa realidade xoga en liña con ducias de persoas e é imbatíbel nas loitas. Chegado un punto, descobre que pasa máis tempo na vida virtual ca na real.

A nova proposta escénica de Galeatro está a coller impulso en Verkami, onde a compañía procura contribucións para sufragar os gastos derivados da creación do espectáculo.

Para contratacións da obra:  https://www.facebook.com/galeatro