O Concello de Santiago pon en marcha unha nova edición de Vas Picar? Mocidade libre de apostas que este ano organiza unha serie de obradoiros dirixidos ao alumnado de ESO e de FPB co fin de sensibilizar á mocidade sobre os perigos da ludopatía e os riscos dun uso sen control de determinados servizos dispoñíbeis na Rede, por exemplo os videoxogos online. Porase o foco na información en redes sociais.
Os obradoiros están destinados ao alumnado de 3º e 4º de ESO, xa que se considera o momento idóneo para abordar esta problemática, se ben tamén haberá un formato dirixido a alumnado de FPB. Este ano, ademais, ampliarase a duración dos obradoiros, que tamén incluirán novos conceptos vencellados ás loot boxes nos videoxogos; a figura dos pronosticadores profesionais ("tipsters") e os mitos que se xeran ao redor delas; o proceso de toma de decisións ante unha situación problemática para o adolescente ou o fenómeno das criptomonedas e os paralelismos existentes coa apostas deportivas online.
Tamén se prevé a realización de 2 cursos de 4 h dirixidos ao profesorado, para formalos ao respecto desta problemática da adicción ao xogo, e poder achegar ferramentas e materiais didácticos para desenvolver unha labor educativa e de prevención dende as aulas.