Axudas a persoas en situación de desemprego para a matrícula nun máster universitario oficial no Sistema universitario de Galicia

29 Set 2022

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convoca as axudas destinadas a persoas tituladas universitarias en situación de desemprego para a matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema Universitario de Galicia no curso académico 2022/23

Inscricións

O prazo de inscrición está aberto ata o 24 de outubro de 2022

Requisitos

Estar en situación de desemprego na data de presentación da solicitude

Ter rematados os estudos universitarios que lle dean acceso aos estudos do máster universitario con data límite do 30 de setembro de 2021.

Estar matriculado no curso académico 2022/23 nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema universitario de Galicia, dun mínimo de 60 créditos excluídos os créditos recoñecidos, validados ou adaptados.

Non estar incluídas nos casos de beneficios e exención total de matrícula previstos nos artigos 11 e 12 do Decreto 121/2022, do 23 de xuño, polo que se fixan os prezos públicos pola prestación de servizos académicos e administrativos nas universidades públicas do Sistema universitario de Galicia para o curso académico 2022/23

Non ter gozado desta axuda en convocatorias anteriores

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Remuneración

A contía da axuda cubrirá o importe das materias matriculadas por primeira vez, ata un máximo de 60 créditos, do máster universitario oficial segundo os prezos públicos establecidos no anexo do Decreto 121/2022, do 23 de xuño, polo que se fixan os prezos públicos pola prestación de servizos académicos e administrativos nas universidades públicas do Sistema universitario de Galicia para o curso académico 2022/23

 

Páxina web 

Tel.: 981 544 430

correo-e: orientacion.sug@edu.xunta.es

Teléfono de información 012 ou enderezo electrónico 012@xunta.gal

Publicación: DOG 23/09/2022

Sede electrónica: procedemento ED421A

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

Secretaría Xeral de Universidades. Subdirección Xeral de Universidades. Servizo de Apoio e Orientación ao Alumnado Universitario.

San Caetano, s/n. (15781 Santiago de Compostela)