A Cámara de Comercio da Coruña convoca a XII Feira de Emprego, que se enmarca no Programa Integral de Cualificación e Emprego (PICE), co obxectivo de mellorar a empregabilidade dos mozos e mozas.
As persoas que asistan a esta Feira descubrirán as demandas actuais do mercado laboral a través de seminarios centrados nas novas tendencias profesionais, recibir asesoramento e orientación laboral e manter unha breve entrevista coas empresas convidadas nesta edición (programa completo).
Cando
A XII Feira de Emprego celébrase o día 04 de outubro de 2022 a partir das 09:30 horas.
Requisitos
Mozos e mozas menores de 30 anos inscritos en Garantía Xuvenil.
Inscrición previa en www.camaracoruna.com
Lugar
Recinto Feiral de PALEXCO (Peirao de Transatlánticos, 15003 - A Coruña).
Páxina web | Tel.: 981 216 072 | correo-e: ccin@camaracoruna.com