Cursos gratuítos para persoas traballadoras, autónomas e desempregadas de Galicia

30 Ago 2022

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Federación Galega de Comercio (FGC) poñen en marcha un convenio de colaboración para a realización de accións formativas para persoas traballadoras, autónomas e desempregadas de Galicia.

Esta formación está enmarcada dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, está 100% financiada polo Ministerio de Educación e Formación Profesional – U.E. – Next Generation e a Xunta de Galicia.

A solicitude de praza pódese realizar desde a seguinte web: https://cluster.comerciogalicia.org/cursos

O obxectivo principal desta formación gratuíta, é impulsar as aspiracións de promoción profesional do conxunto de galegos e galegas, mellorando as súas competencias e habilidades para dar resposta ás necesidades actuais do mercado laboral.

 

Máis información

Acción formativa

WhatsApp: 619 926 324

Teléfono: 900 100 957

Páxina web