Cara a unha Axenda Europea de Xuventude: Consulta pública

23 Xun 2022

INJUVE pon en marcha un proceso participativo para identificar os principais retos e problemáticas que debe afrontar a mocidade europea, contribuíndo á construción dunha Axenda Europea de Xuventude que permita a formulación de políticas públicas ambiciosas, específicas e distintivas.

Queres contribuír?
O proceso lévase a cabo mediante un cuestionario web destinado a mozos e mozas de 13 a 30 anos entre o 20 de xuño e o 1 de agosto. Os resultados servirán como punto de partida para a elaboración dun documento estratéxico de posicionamento político sobre o que artellar as prioridades do Consello da Unión Europea en materia de mocidade durante a Presidencia de España, que terá lugar entre o 1 de xullo e o 31 de decembro de 2023.

Temáticas do cuestionario

Primeira parte: retos e problemáticas da mocidade en Europa

Selecciónanse cinco modalidades de violencia cuxa incidencia entre os mozos e mozas é crítica, xa que delimitan e condicionan o desenvolvemento da mocidade.

Segunda parte: a Europa que merecen os mozos e mozas

Composta de dúas preguntas abertas sobre a Europa que merece a xuventude. A UE do futuro, impulsada pola xeración actual de mozos e mozas, esixe de todos nós unha reflexión aberta, crítica, creativa e compartida que permita avanzar de forma realista e consciente das barreiras e ameazas que poden interferir no seu despregamento, pero tamén das fortalezas que debemos desenvolver e os resortes de cambio.

Terceira parte: valoración das políticas públicas europeas en materia de xuventude

Trátase de recoller unha valoración das políticas públicas europeas en materia xuvenil.

A Comisión Europea aprobou en 2018 unha Estratexia da Unión Europea para a Mocidade para desenvolver entre 2019 e 2027, constituíndose a través dun proceso de participación aberto ao diálogo entre repesentantes das persoas mozas, investigadores e responsables políticos, dando como resultado unha serie de metas para dar resposta aos retos aos que se enfronta Europa. Neste enlace exponse un resumo destas metas.

 

Sobre o cuestionario 

A finalidade do cuestionario é inspirar as políticas da UE nos próximos anos, polo que sesolicita ter en conta este enfoque europeo á hora de responder o cuestionario.

O Instituto de Innovación, Desenvolvemento e Impacto Social (IIDIS) será o encargado da identificación, recompilación e sistematización da información, coñecemento e experiencia dispoñibles e da elaboración das recomendacións e propostas de futuro co obxectivo de inspirar a construción de políticas europeas e contribuír á suma de axentes clave. Os resultados da consulta daranse a coñecer nunha presentación pública no mes de outubro de 2022.

 

Acceso ao cuestionario

Dúbidas sobre o contido do cuestionario

Web do Consello da Unión Europea: Presidencia do Consello da UE