Axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP Dual

22 Xun 2022

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convoca axudas económicas coa finalidade de compensar parcialmente os gastos extraordinarios derivados da realización das actividades que se desenvolven na empresa correspondentes ao módulo de Formación en Centros de Traballo (FCT) ou á FP Dual.

INSCRICIÓNS:

Convócanse dous períodos de presentación de solicitudes:

1. O primeiro prazo, trinta e un (31) días naturais contados a partir do día seguinte á publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, para o alumnado que realizase a FCT nos períodos outubro 2021-marzo 2022 e nos períodos xaneiro-xuño, xaneiro-marzo e abril-xuño de 2022.

Acollerase a este primeiro prazo o alumnado de FP Dual.

O alumnado que lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2022 e que anticipase o período de FCT non se acollerá a este primeiro prazo.

2. O segundo prazo será o comprendido entre o 15 de outubro e o 15 de novembro de 2022, para o alumnado de ciclos formativos que lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2022. Este alumnado deberá terminar obrigatoriamente o período de formación en centros de traballo antes do 31 de decembro de 2022. O alumnado que teña horario flexible con autorización da Dirección Xeral de Formación Profesional e termine despois do 31 de decembro de 2022 acollerase á seguinte convocatoria de axudas.

 

REQUISITOS E DESTINATARIOS/AS:

Alumnado matriculado en centros públicos desta comunidade autónoma e, no caso dos centros privados, o alumnado matriculado en ensinanzas concertadas coa Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, que estea cursando o derradeiro curso dun ciclo formativo de grao profesional básico, grao medio ou grao superior de formación profesional inicial, cursos de especialización, artes plásticas e deseño, ensinanzas deportivas e programas formativos ou algún ciclo formativo de FP Dual.
O alumnado que concorra a esta convocatoria de axudas deberá rematar o período de formación práctica en centros de traballo ou FP Dual antes do 31 de decembro de 2022.

REMUNERACIÓN / CUSTO:
Alumnado que realice a FCT ou a FP Dual dentro do territorio español:

En Galicia: ata un máximo de 375 € cando se cumpran as seguintes condicións: O concello do centro de traballo non sexa o mesmo que o concello do centro educativo. O concello do centro de traballo non sexa o mesmo que o concello de residencia do/a alumno/a durante o período de realización da FCT ou da FP Dual. A contía que percibirá o alumnado establecerase en función do número de xornadas realizadas no módulo de FCT ou no caso da FP Dual do número de xornadas de permanencia na empresa.

Fóra de Galicia: percibirán unha cantidade fixa de 200 € aínda que realice a FCT ou a FP Dual en varios centros de traballo.
Alumnado que realice a FCT ou a FP Dual fóra do territorio español:

Unión Europea:
Bulgaria, Eslovaquia, Estonia, Hungría, Letonia, Lituania, Polonia, Malta, Romanía: 120 € (contía base) 72 € (contía por semana)
Alemaña, Bélxica, Chipre, Croacia, Eslovenia, Grecia, Holanda, Luxemburgo, Portugal, República Checa: 180 € (contía base) 120 € (contía por semana)
Austria, Dinamarca, Finlandia, Francia, Irlanda, Italia, Suecia: 240 € (contía base) 150 € (contía por semana)

Non integrados na Unión Europea:
Europeos 180 € (contía base) 120 € (contía por semana)
Outros continentes 240 € (contía base) 150 € (contía por semana)

 

PÁXINA WEB: www.edu.xunta.gal

CONTACTO:

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

Edificio Administrativo San Caetano, s/n. 15781 Santiago de Compostela

Teléfono: 981 546 546

Publicación: DOG 17/06/2022

Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento ED202A

 

Últimas novas