Recomendacións hixiénico-sanitarias para o desenvolvemento das actividades da Campaña de verán da Xunta de Galicia 2022

22 Xun 2022

A Consellería de Política Social ven de elaborar o documento que recolle as recomendacións hixiénico-sanitarias para o desenvolvemento das actividades da Campaña de verán da Xunta de Galicia 2022, así como das actividades de ocio educativo e tempo libre na nosa comunidade autónoma.

Trátase de ofrecer pautas sobre as medidas recomendadas para evitar xerar riscos de propagación da COVID-19 que inclúen directrices, de carácter voluntario, sobre o uso da máscara nas actividades e outras medidas de protección, así como indicacións relativas a que facer ante sintomatoloxía compatible coa COVID-19.

O documento de recomendacións foi supervisado polas autoridades sanitarias competentes.

Podes descargar o documento pinchando aquí: