Proceso selectivo para bolsa de emprego en Boiro

17 Xun 2022

ANUNCIO DAS BASES E CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO PARA A CONFECCIÓN DUNHA DUNHA BOLSA DE EMPREGO TEMPORAL DE PERSOAL TÉCNICO PARA A ATENCIÓN DE MUSEOS E CENTROS MUSEÍSTICOS EN BOIRO.

Concuros /oposición libre

Requisitos:

A) Ter nacionalidade española ou algunha outra que, de acordo ao disposto no artigo 52 da Lei 2/2015, de 29 de abril, do emprego público de Galicia, permita o acceso ao emprego público.

B) Ter cumpridos os 16 anos de idade e non exceder de aquela para a xubilación forzosa por idade.

C) Non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento das funcións propias do posto de traballo. A condición de minusvalía ou incapacidade e a súa compatibilidade co posto a ocupar acreditarase conforme á normativa vixente e referida ó día de formalización do contrato mediante certificado médico oficial, caso de ser seleccionado.

D) Non atoparse incurso en causas de incompatibilidade ou incapacidade para contratar co concello de Boiro.

E) Non ser despedido mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin estar inhabilitado para o desempeño de empregos ou cargos públicos. F) Deberán acreditar estar en posesión dunha das seguintes titulacións universitarias ou equivalentes: Grao, Licenciatura, Diplomatura, master ou posgrao relacionada cos campos da xestión cultural, patrimonio cultural, de museos ou turística.

O prazo de presentación de solicitudes será de cinco (5) días hábiles a contar dende o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

Máis información: 

https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2022/06/17/2022_0000003636.pdf

Últimas novas