CU

16 Xun 2022

A Universidades de Santiago convoca cursos en Santiago,Lugo, Baiona,Nigrán,Gondomar,Folgoso do Caurel,Guitiriz,Lalín,Meis, Cambados,Mondoñedo,Monforte de Lemos, Oia,Palas de Rei, Teo,Vilagarcia de Arousa para este verán 2022

A USC recoñece os cursos da Universidade de Verán 2022 a efectos de créditos ECTS (titulacións de Grao) para o seu alumnado coa seguinte equivalencia, e recibirán a tal efecto un certificado de crédito, sempre e cando cumpran coa asistencia ao 80% das horas lectivas do curso:

2 créditos por cada curso de 25 ou máis horas (máximo 6 créditos en total)

1 crédito por cada curso de menos de 25 horas (máximo 6 créditos en total)

IMPORTE DA MATRÍCULA

Taxa xeral:

120 € para os cursos de 25 ou máis horas

70 € para os cursos de menos de 25 horas

Taxa reducida, aplicable a estudantes universitarios, de bacharelato ou de formación profesional, pensionistas, desempregado/as, socios/as da Asociación de Antigos alumnos da USC e PDI e PAS da USC:

70 € para os cursos de 25 ou máis horas

40 € para os cursos de menos de 25 horas

PRAZO DE MATRÍCULA

Ábrese o prazo o 9 de maio de 2022

Acaba o prazo, secuencialmente

  • 17 de xuño para os cursos que se celebran na semana do 27 de xuño
  • 24 de xuño para os cursos que se celebran na semana do 4 de xullo
  • 1 de xullo para os cursos que se celebran na semana do 11 de xullo
  • 8 de xullo para os cursos que se celebran na semana do 18 de xullo
  • 15 de xullo para os cursos que se celebran na semana do 25 de xullo
  • 24 de agosto para os cursos que se celebran a partir do 29 de agosto

Programa dos cursos  e máis información:

https://www.usc.es/gl/servizos/cultura//veran

 

 

Últimas novas