Admisión o grao básico de formación profesional

16 Xun 2022

A formación profesional de grao básico forma parte das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo. Ordénase en ciclos formativos organizados en ámbitos e módulos profesionais de duración variable.

Os ciclos formativos de formación profesional de grao básico teñen unha duración de 2000 horas ou 2 cursos académicos.Na modalidade de Fp dúal ata 3 cursos

Estas ensinanzas responden a un perfil profesional que inclúe ao menos unha cualificación profesional completa de nivel 1 do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais

Superando un ciclo de FP básica obtense o título de técnico básico correspondente ás ensinanzas cursadas.

Adicionalmente, obterán o título de graduado en educación secundaria obrigatoria.

Requisitos de acceso:

  • Ser proposto/a polo equipo docente
  • Consentimento do pai, da nai ou dos/das titores/as legais
  • Ter feitos quince anos ou facelos durante o ano natural en curso
  • Ter cursado o terceiro curso de educación secundaria obrigatoria ou, excepcionalmente, ter cursado o segundo curso
  • -En caso de sobrar prazas:
  • Que fagan 18, 19 ou 20 anos no ano de inicio do ciclo formativo
  • Que non estean en posesión dun título de formación profesional ou calquera outro título que acredite a finalización de estudos secundarios completos

Prazo de solicitudes:27 de Xuño as 9 horas ao 6 de xullo ás 13 horas

Máis información: http://www.edu.xunta.gal/fp/fpbasica#un