Admisión FP Dual

16 Xun 2022

Que é a FP dual?

É unha modalidade de formación profesional que ten como finalidade a cualificación profesional das persoas nun réxime de alternancia de actividade laboral nunha empresa coa actividade formativa nun centro educativo.

  • Ter 18 anos ou facelos no ano natural en que comece o ciclo formativo.
  • Cumprir os requisitos de acceso aos ciclos formativos establecidos no artigo 41 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e que se detallan no modelo de solicitude, no anexo I. Lémbrase que non é de aplicación o límite superior de idade que figura no anexo.
  • Carecer da cualificación profesional obtida e recoñecida polo sistema de formación para o emprego ou do sistema educativo, requirida para concertar un contrato en prácticas para o posto de traballo ou a ocupación obxecto do proxecto.
  • Non ter realizado con anterioridade un contrato de formación e aprendizaxe, e cumprir os requisitos establecidos na normativa laboral vixente para poder efectualo.
  • Non ter superado ningún módulo profesional do ciclo formativo do proxecto solicitado, agás que fose cursando outro ciclo formativo.
  • -O calendario de admisión para este curso é do 23 de Xuño ao 5 de xullo ás 13 horas
  • Máis información :https://www.edu.xunta.gal/fp/admision-fpdual