Nova edición: E se traballamos en equipo?

03 Xun 2022

Espazocoop a través da Rede Eusumo organiza a seguinte actividade formativa: E se traballamos en equipo?

Datas: do 14 ao 30 de xuño

Horario: dúas sesións virtuais de aprendizaxe os días 14 e 28 de xuño en horario de 11:00 a 12:30 horas.

Duración: 20 horas

Modalidades: en liña a través da plataforma de teleformación

Destinatarios: persoas socias e/ou asalariadas de cooperativas e outras empresas da economía social, a persoas que estean desenvolvendo un proxecto de emprendemento en cooperativa, a persoas interesadas en formar parte de empresas participativas e a todas as persoas interesadas na aprendizaxe práctica das habilidades para o traballo en equipo.

Obxectivos:

Desenvolver as habilidades persoais claves no traballo colaborativo.
Coñecer recursos e metodoloxías que nos axudan a traballar e mellorar as habilidades sociais.
Descubrir e aplicar as habilidades persoais nun contorno cooperativo.

Programa:

Módulo 1: Achegándonos ao xeito de traballar nunha cooperativa. Habilidades persoais e sociais
Módulo 2: Habilidades de comunicación
Módulo 3: Habilidades para o traballo en equipo
Módulo 4: Toma de decisións

 

Inscricións gratuíta a través do seguinte formulario

Para máis información: patane@espazo.coop / 881 887 456 / eusumo.gal