Ideas Cooperativas en Acción

03 Xun 2022

Espazocoop a través da Rede Eusumo organiza a seguinte actividade formativa: Ideas Cooperativas en Acción

Datas: do 14 ao 30 de xuño de 2022

Horario: dúas sesións virtuais de aprendizaxe os días 14 e 28 de xuño en horario de 11:00 a 12:30 horas

Modalidade: en liña a través da plataforma de teleformación

Duración: 20 horas

Destinatarios: persoas emprendedoras, persoas ocupadas ou en situación de desemprego, persoas cunha idea de negocio, persoas que forman parte dun grupo promotor de autoemprego colectivo. A inscrición é gratuíta.

Obxectivos:

- Mostrar desde o punto de vista práctico as condicións e pasos a dar para emprender baixo a fórmula cooperativa.
- Coñecer que debemos analizar e ter en conta para facer da nosa idea un proxecto cooperativo viable.
- Elaborar conxuntamente o prototipo do noso proxecto.
- Avaliar requisitos e compromisos como grupo promotor, tarefas a desenvolver, calendario de actuacións.

Programa formativo:

Tema 1 - Identifica o teu proxecto cooperativo (CANVAS)
Tema 2 - Analiza as áreas comercial e de mercado.
Tema 3 - Estudia a viabilidade económica e financeira
Tema 4 - Planifica a área organizativa e os trámites de constitución (CONSOLIDA_ES)

Máis información e inscricións: eusumo.gal