YoEmprendo Galicia

27 Mai 2022

Programa de emprego e autoemprego para mozos e mozas menores de 30 anos co cal se pretende:

  • Mellorar a empregabilidade: Descobre novas formas de converterte no candidato ideal para as empresas. Se estás a buscar traballo por conta allea aprende a diferenciarte e crear a túa marca persoal.
  • Poñer en marcha o teu negocio: Aprenderás novas técnicas para validar o teu modelo de negocio, captar clientes, xerar vendas...e ademais acompañado en todo o proceso por expertos en activo.

DESTINATARIOS/AS

  • Mozos e mozas maiores de 16 anos e menores de 30 anos das provincias de Pontevedra e Ourense.
  • Que se atopen en situación de desemprego.
  • Rexistrados no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

QUE IMOS A FACER?

  • Formación teórica-práctica (50 horas): Nas sesións deste curso trataranse temas como o método Canvas, a metodoloxía Dessing Thinking (como innovar en proxectos empresariais), introdución ao plan de empresa, a estrutura organizativa, o investimento, o test de mercado e a estratexia de márketing.
  • Titorías individuais (10 horas): Traballaremos individualmente segundo o teu perfil e as túas necesidades, centrándonos tanto na túa idea de negocio e creación do plan de empresa, como na creación dun plan de acción para a mellora da túa empregabilidade e incrementar as túas oportunidades de acceder ao mercado laboral por conta allea.
  • Mentoring (20 horas): No que traballarás conxuntamente con mentores expertos que che guiarán no deseño dun plan de acción para mellorar a túa inserción laboral, ou no desenvolvemento da túa iniciativa emprendedora e a viabilidade do teu proxecto empresarial.

 

Máis información e prescrición: Formulario

Datos de contacto: 988 39 15 15 - 665 76 19 39

Correo electrónico: yoemprendogalicia@empleoenred.org

Páxina web