VI Certame de pintura mural de Burela

20 Mai 2022

O Concello de Burela convoca o VI Certame de pintura mural.

Ao certame poderá presentarse calquera persoa ou colectivo cuxos integrantes superen a maioría de idade. Non poderán presentarse os gañadores da edición anterior

Obxecto: Certame de pintura mural con temática “O mundo do mar”.

Premios:
1º premio: 1.600 €
2º premio: 800 €
3º premio: 500 €
180 € para cada participante non premiado.

O prazo de presentación das propostas remata o 15 de xullo de 2022.

Máis información no BOP de Lugo do 20 de maio de 2022 e en https://burela.org/gl/amarte-2022