Formacion na Academia Fundación Esplai

29 Abr 2022

A Fundación Esplai na súa aposta pola mellora e adquisición de competencias dixitais das persoas pon en marcha 5 cursos totalmente gratuítos e dirixidos a todas as persoas que queiran mellorar as súas competencias dixitais, aprender a crear actividades de ciencia e tecnoloxía con perspectiva de xénero, formarse en prevención de condutas de risco no uso das TIC.

O período de inscrición estará aberto do 27 de abril ao 15 de maio de 2022. Os cursos comezarán o 23 de maio de 2022.


É unha oportunidade para formarse, reciclarse e mellorar as competencias dixitais. A través destas capacitacións obtense acceso a contidos de calidade, aténdense as necesidades de formación inicial e continua dos profesionais do terceiro sector e persoas interesadas en seguir mellorando as súas competencias profesionais e ponse ao seu alcance as competencias, metodoloxías, proxectos, estratexias e recursos que lle han de axudar a desenvolver mellores e máis eficaces mecanismos de motivación e apropiación das tecnoloxías da información e a comunicación.

Se tes algunha dúbida ou consulta podes escribir a anardiz@fundacionesplai.org

Cursos ofertados:

  • ChicasInTech actividades en prol da igualdade.
  • Participación cidadá e transformación social a través do voluntariado.
  • Prevención de adicción e condutas de risco relacionadas coas TIC en poboación infanto-xuvenil.
  • Mocidade Contra o Odio.
  • Curso de Monitor/a TIC.

Información completa e inscricións: Fundación Esplai