Emprende 2030: Estratexia e liderado emprendedor na mocidade para o desenvolvemento sostible

18 Mar 2022

Desde a Unión de Asociacións de Traballadores Autónomos e Emprendedores, UATAE e en colaboración co Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030, poñen en marcha a 1ª edición do programa EMPRENDE 2030: Estratexia e liderado emprendedor entre os mozos e mozas (entre os 14 e 35 anos) para o desenvolvemento sostible

Obxectivos
Concienciar á mocidade sobre o emprego por conta propia como posible opción profesional supón unha proposta innovadora dado que expón actividades de formación e promoción en liña en cultura emprendedora achegando un coñecemento temperán do mundo empresarial e o papel do empresario no desenvolvemento sostible.

Público ao que vai dirixido
Mocidade desempregaa ou empregada por conta allea.
Residentes nas CCAA de Andalucía, Cataluña, Castela A Mancha, Castela e León, Estremadura, Galicia, A Rioxa, Madrid, Murcia e a Comunidade Valenciana.

En que consiste Emprende 2030?
Charlas de motivación de empresarios.
Test de sentido emprendedor.
Charlas técnicas con mozos e mozas emprendedores.
Talleres de emprendemento.
Taller Obxectivos de Desenvolvemento Sostible en relación co emprendemento.
Taller sobre a importancia de poñer límites. Aprende a dicir NON.
Casos de éxito.
Concurso proxecto empresarial.

Máis información e inscrición en https://uatae.org/emprende-2030-estrategia-liderazgo-jovenes/